Os pais do actor Miguel Ángel Muñoz tiveron que recorrer á Tata para que coidara do seu fillo mentres eles traballaban. Desde aquela, a Tata e Miguel Ángel nunca se separaran. Pero tras varias complicacións de saúde da Tata, Miguel Ángel é consciente de que a súa historia de amor pode rematar e decide levar a cabo todas as cousas que tiña pendentes de facer con ela: unha road trip, coñecer as orixes de Luisa e ata rodar un filme xuntos. Unha aventura interrompida pola chegada da pandemia. Un xiro que, lonxe de entristecelos, fará que ambos estean máis unidos e desfruten máis que nunca durante cen días xuntos nun piso de 35 metros cadrados. Pero que tamén forzará a Miguel Ángel a encarar o seu maior medo: a separación da persoa máis importante da súa vida.

España / 2021 / 83’
Dirección
Miguel Ángel Muñoz
Elenco Miguel Ángel Muñoz, Luisa Cantero
Distribución Bteam Pictures

HORARIOS


VENRES 07:

  • 18:30H.  SALA 1

Galería de Imaxes