Na Medina de Casablanca, Abla, viúva e nai dunha nena de oito anos, rexenta unha modesta tenda de repostería tradicional marroquí. A súa rutina diaria interrómpese un día pola chegada de Samia, unha moza embarazada que chama a súa porta buscando traballo e un teito onde durmir. A nena acepta a nova inquilina desde o primeiro momento, mais a nai non quere acoller a unha estraña na súa casa. Abla nin se imaxina o que este encontro fortuíto do destino pode mudar as súas vidas.

Francia / 2019 / 98’ / Apta para todos os públicos
Dirección
Maryam Touzani
Guión Maryam Touzani, Nabil Ayouch
Fotografía Virginie Surdej, Adil Ayoub
Montaxe Julie Naas
Son Nassim El Mounabbih
Elenco Lubna Azabal, Nisrin Erradi, Douae Belkhaouda, Aziz Hattab, Hasnaa Tamtaoui
Distribuidora Karma Films

HORARIOS


XOVES 19:

  • 20:30H.  SALA 1 [VOSE]

Galería de Imaxes