Vitalina aterra en Lisboa tres días despois do funeral do seu marido Joaquim. Foi campesiña durante toda a súa vida en Cabo Verde e estivo agardando ese billete de avión máis de 25 anos para reunirse con el. No barrio ninguén a coñece, ninguén a conforta, os veciños desconfían. Pasa apesarada os días e as noites como un pesadelo, pechada na casa de Joaquim. Alí descobre a súa vida secreta, as cinzas da súa relación e a pobreza dun soño do que só quedan os cimentos.

Portugal / 2019 / 125′ / NRM 7
Dirección
Pedro Costa
Montaxe João Dias, Vítor Carvalho
Son João Gazua
Fotografía Leonardo Simões
Elenco Vitalina Varela, Ventura, Manuel Tavares Almeida, Francisco BritoImídio Monteiro, Marina Alves Domingues
Distribución Numax

 

HORARIOS


XOVES 29:

  • 18:00H.  SALA 2

Galería de Imaxes