Ali Ungár, un intérprete de 80 anos, viaxa a Viena na busca do oficial nazi que executou aos seus pais en Eslovaquia. Só atopa ao seu fillo Georg, un xubilado de mal vivir distanciado do pasado do seu pai. Pero a visita de Ali esperta o seu interese, e os dous homes emprenden unha viaxe a través de Eslovaquia na busca de testemuñas que sobreviviron á traxedia.

Título orixinal Tlmočník
Eslovaquia / 2018 / 113′
Dirección
Martin Sulík
Guión Martin Sulík, Marek Lescák
Música Vladimír Godár
Fotografía Martin Strba
Montaxe Kaufmanová Olina
Elenco Peter Simonischek, Jiří Menzel, Zuzana Mauréry, Anna Rakovská, Anikó Varga, Karol Simon, Judita Hansman, Attila Mokos
Distribuidora Surtsey Films

HORARIOS


XOVES 24:

  • 18:00H. SALA 2 [DOBRADA AO CASTELÁN]

DOMINGO 27:

  • 20:15H. SALA 2 [VOSE]

Galería de Imaxes