Salvatore, exitoso director de cinema, regresa á súa vila natal para asistir ao funeral do seu vello amigo Alfredo, quen fora o proxeccionista do cinema local durante a súa infancia en Sicilia. Pronto as lembranzas do seu primeiro amor con Elena e todos os capítulos que marcaron a súa feliz infancia volven á súa mente, conectando a Salvatore coa comunidade que abandonou 30 anos atrás. O pequeno Totó non se separaba de Alfredo, que coleccionaba en secredo todos os descartes que o párroco -censor definitivo- cortaba das películas proxectadas. Coma se de un tesoro se tratase, Salvatore rememora todas as caricias e os bicos prohibidos conservados nunha vella caixa.

Dirección Giuseppe Tornatore
Guión Vanna Paoli, Giuseppe Tornatore
Música Ennio Morricone
Fotografía Blasco Giurato
Montaxe Mario Morra
Elenco Jacques Perrin, Philippe Noiret, Agnese Nano, Salvatore Cascio, Leopoldo Trieste, Marco Leonardi
Distribución A Contracorriente Films

HORARIOS


Galería de Imaxes