Yoav, un mozo israelí, marcha a París coa esperanza de que Francia e os franceses o salven da loucura do seu país. Nada máis chegar á cidade, Yoav queda literalmente espido, sen posesións nin identidade. Renace así desde cero, renegando de Israel e do hebreo, e establece unha intrincada e sensual relación co seu benefactor Émile e a súa moza Caroline.

Título orixinal Synonymes
Francia / 2018 / 123’
Director Nadav Lapid
Guión Nadav Lapid, Haïm Lapid
Fotografía Shaï Goldman
Montaxe Erad Lapid, François Gédigier, Neta Braun
Elenco Tom Mercier, Quentin Dolmaire, Louise Chevillotte
Distribuidora La Aventura

HORARIOS


XOVES 05:

  • 18:30H. SALA 1 [VOSE]

DOMINGO 08:

  • 20:00H. SALA 1 [VOSE]

Galería de Imaxes