Filme baseado na famosa peza teatral homónima de Chévere. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.

Galicia / 2019 / 71’ / APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS
Dirección
Jorge Coira e Xesús Ron
Guión Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Xesús Ron
Fotografía Lucía Catoira, Fidel Vázquez
Música Xavi Font
Elenco Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cris Iglesias

HORARIOS


VENRES 03:

  • 22:00H. SALA 2

Galería de Imaxes