Ricky, Abby e os seus dous fillos viven en Newcastle. Son unha familia moi unida. Ricky pasa dun emprego a outro; Abby adícase a coidar a persoas maiores e desfruta co seu traballo. A pesar de traballar cada vez máis, son conscientes de que nunca obterán a ansiada seguridade económica nin terán unha casa en propiedade. Xorde entón a oportunidade para Ricky grazas á revolución das aplicacións. A parella decide apostalo todo. Abby vende o coche para que Ricky merque unha furgoneta e sexa repartidor autónomo: por fin será o seu propio xefe. O mundo moderno entra na cociña familiar, ofrecéndolles un futuro diferente.

Reino Unido / Inglés / NRM 12 / 2019 / 100’
Dirección
Ken Loach
Guión Paul Laverty
Fotografía Robbie Ryan
Montaxe Jonathan Morris
Música George Fenton
Elenco Kris Hitchen, Debbie Honeywood, Rhys Stone, Katie Proctor, Ross Brewster, Charlie Richmond
Distribuidora Golem

HORARIOS


MÉRCORES 20:

  • 18:15H. SALA 2 [DOBRADA AO CASTELÁN]

XOVES 21:

  • 20:15H. SALA 1 [ÚLTIMO PASE]

Galería de Imaxes