O cinco de xullo de 1984, Diego Maradona chegou ao Nápoles nun traspaso récord. Durante sete anos desatou a loucura. A icona máis famosa do fútbol e a cidade máis ardente e perigosa de Europa formaron o cóctel perfecto. No campo, Maradona era un xenio, Fora, tratábano coma un Deus. Ao xenio arxentino encantáballe pelexar contra a adversidade e liderar ao Nápoles ata acadar o primeiro Scudetto da súa historia. Era o partido dos seus soños. Pero tiña un prezo… Diego obraba milagres a pracer mais co paso do tempo, a escuridade caeu sobre el.

Reino Unido / Inglés, Italiano e Castelán / 2019 / 125’
Dirección
Asif Kapadia
Montaxe Chris King
Música Antonio Pinto

HORARIOS


XOVES 18:

  • 18:00H. SALA 2
  • 20:45H. SALA 1

SÁBADO 20:

  • 21:30H. SALA 1

DOMINGO 21:

  • 18:30H. SALA 1

Galería de Imaxes