Un curioso bibliotecario decide albergar todos os libros que foran rexeitados polas editoriais. Un día, unha moza escritora descobre esta biblioteca que esconde grandes tesouros, entre eles, As derradeiras horas dunha historia de amor, escrita por Henri Pick. Cando o libro se converte nun éxito de ventas, un obstinado e escéptico literario buscará as orixes de Pick. Para iso, xuntará forzas coa filla do misterioso escritor, e tentará desentrañar toda a trama que se esconde detrás desta historia.

Título orixinal Le Mystère Henri Pick
Francia-Bélxica / Francés / 2019 / 100’
Dirección
Remi Bezançon
Guión Remi Bezançon, Vanessa Portal
Música Laurent Perez Del Mar
Fotografía Antoine Monod
Montaxe Valérie Deseine
Elenco Fabrice Luchini, Camille Cottin, Alice Isaaz, Bastian Bouillon, Josiane Stoléru, Hanna Schygulla
Distribuidora acontracorriente films

HORARIOS


XOVES 01:

  • 18:00H. SALA 2

SÁBADO 03:

  • 19:45H. SALA 2

Galería de Imaxes