Estamos na Idade Media, inestábel e caótica. A moza e encantadora esposa portuguesa de Lord von Ketten múdase a un antigo castelo no norte de Italia. El está preparado para volver á guerra e loitar pola súa terra contra o bispo de Trento, namentres ela fica confinada durante once longos anos. A señora von Ketten le, canta, soña, baila, nada, cabalga no bosque á espera de poder regresar ao xogo do amor. Conseguirá a portuguesa vencer onde a morte parece querer entrar? Inspirada no conto Die Portugiesin, de Robert Musil con diálogos de Agustina Bessa-Luís.

Portugal / 2018 / 136’
Dirección
Rita Azevedo Gomes
Guión Rita Azevedo Gomes, segundo un tratamento de Agustina Bessa-Luís do relato de Robert Musil
Montaxe Rita Azevedo Gomes
Fotografía Acácio de Almeida
Música José Mário Blanco
Elenco Clara Riedenstein, Marcello Urgeghe, Ingrid Caven, Rita Durão, Pierre Léon
Produtora Basilisco Filmes
Distribuidora Numax

HORARIOS


SÁBADO 18:

  • 17:30H. SALA 2

Galería de Imaxes