Esta orixinal produción entretece tres historias. Unha, a da equipa técnica de Acajú, que tratará de filmar aos lobos en plena natureza, tendo que afrontar este difícil reto salvando os numerosos problemas que propón unha rodaxe destas características. Por outra banda, móstrase a vida dunha manada de lobos no seu medio natural. Asistiremos ao nacemento dos novos cachorros e coñeceremos como é a vida cotiá dun clan familiar. E faremos unha achega a realidade social do lobo, unha especie que levanta paixóns e odios, que xera amor e repulsión. Gandeiros que están a favor e en contra do lobo. Tres relatos paralelos no tempo e no espazo que acaban por confluír.

España / 2016-2018 / 71’
Dirección, fotografía e produción
Arturo Menor
Guión Arturo Menor, Álvaro de Armiñán, Luis Manuel Carmona
Narración Jesús Olmedo
Música Javier Arnanz
Montaxe José M. G. Moyano, Manuel Terceño
Produtora Acajú Productora de documentales de naturaleza
Coa participación de Gregorio Fidalgo, Violeta Alegre, Jorge Escudero, Juan Mateos, Leocadio Rueda. E a colaboración de Víctor Gutiérrez

HORARIOS


XOVES 14:

  • 20:15H.  SALA 1 

Galería de Imaxes