Baseada nunha historia real que explica a orixe do narcotráfico en Colombia, o filme acontece nos anos 70 cando a xuventude norteamericana abrazaba a cultura hippy e con ela a marihuana. Isto provoca que os labregos da zona se convertan en “empresarios a un ritmo veloz. No deserto de Guajira, unha familia wayuu vese obrigada a asumir un papel dirixente nesta nova empresa. A riqueza e o poder combinan nunha guerra fraticida que porá en grave perigo a familia, as súas vidas e as súas tradicións ancestrais.

Dirección Cristina Gallego, Ciro Guerra
Guión Maria Camila Arias, Jacques Toulemonde
Produción Katrin Pors, Cristina Gallego
Fotografía David Gallego
Son Carlos García
Montaxe Miguel Schverdfinger
Música Leonardo Heiblum
Elenco Carmiña Martínez, José Acosta, Jhon Narvaez, Natalia Reyes, José Vicente, Juan Martínez, Greider Meza
Produtoras Ciudad Lunar, Blond Indian Films, Pimienta Films, Films Boutique, Snowglobe
Distribuidora bteam pictures

HORARIOS


VENRES 15:

  • 21:00H. SALA 1

DOMINGO 17:

  • 17:30H. SALA 1

XOVES 21:

  • 19:30H. SALA 1

Galería de Imaxes