Asger Holm é un oficial de policía suspendido de funcións e relegado a operador do servizo de emerxencias. Durante unha quenda nocturna recibe a chamada dunha muller aterrada. Asger descobre que a muller foi secuestrada e así comeza a busca. Recluído na súa mesa da central de emerxencias, Asger terá que localizar e axudar a muller en perigo coa axuda dos seus compañeiros de todo o país, nunha conta atrás onde non só terá que facer fronte aos acontecementos deste crime, senón tamén aos seus demos persoais.

Dinamarca / 2018 / 85’
Dirección Gustav Möller
Guión Gustav Möller, Emil Nygaard Albertsen
Produción Lina Flint
Montaxe Carla Luffe
Fotografía Jasper Spanning
Son Oskar Skriver
Produtoras
Nordik Film Spring
Elenco Jakob Cedergren, Jessica Dinnage, Johan Olsen, Omar Shargawi
Distribuidora Festival Films

HORARIOS


VENRES 08:

  • 19:15H. SALA 1

DOMINGO 10:

  • 21:15H. SALA 1

MÉRCORES 13:

  • 20:15H. SALA 2

Galería de Imaxes