Carme vive nunha aldea nas montañas xunto a seu pai, Ramón, co que apenas se comunica. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, mais as circunstancias sempre llo impediron. Trotar. Fuxir. O filme transcorre durante unha fin de semana na que ten lugar a rapa das bestas, unha loita ancestral entre o home e o cabalo. E mentres a aldea se prepara para a festa, chega Luis, o irmán maior de Carme, para pasar uns días na casa familiar xunto a súa parella, María.

España-Lituania / 2018 / 83’
Director
Xacio Baño
Guión Xacio Baño, Diego Ameixeiras
Fotografía Lucía C. Pan
Montaxe Álvaro Gago
Son Miguel Seixo
Elenco María Vázquez, Celso Bugallo, Diego Anido, Tamara Canosa
Produción Luisa Romeo, Marija Razgute
Produtora Frida Films, Ciobreliai
Distribuidora Atera Films

HORARIOS


DOMINGO 08:

  • 20:00H. SALA 2

Galería de Imaxes